14/12/10

UNHA NOVA PUBLICACIÓN: O Dicionario de pronuncia da lingua galega


Recentemente a RAG e o ILG editaban o Dicionario de pronuncia da lingua galega, da autoría de Xosé Luís Regueira.


O interese desta obra está en que recolle a pronuncia de 47.000 voces e con el achégase unha ferramenta útil para o estudo do estándar oral que vai ser de axuda tanto para xornalistas, alumnos procedentes doutras comunidades, alumnos galegos e docentes. Precisamente, para uso docente resulta moi axeitada a introdución do libro, que podedes consultar ou descargar en:






Espero que agora non se vos resistan os fonemas!




02/09/10

SOLDADIÑO MARIÑEIRO (versión en galego da canción de Fito y Fitipaldis)

Unha das actividades do curso pasado de 3º de ESO C e D foi a tradución da coñecida canción "Soldadito marinero" de Fito y Fitipaldis. E como xa estamos en setembro, velaquí a recollemos para comezar o curso refrescando algunhas cousas:
El camiña amodo que as presas non son boas,
no seu brazo dobradiña con coidado a chaqueta.
Despois pasa pola rúa onde os rapaces xogan,
el tamén quixo ser neno pero pillouno a guerra.
SOLDADIÑO MARIÑEIRO COÑECICHES UNHA SEREA
DESAS QUE DIN QUÉROTE SE VEN A CARTEIRA CHEA.
ESCOLLICHES A MÁIS GUAPA E AO MENOS BOA,
SEN SABER COMO VEU COLLEUTE A TORMENTA.
El quería cruzar os mares e olvidar a súa serea,
a verdade non foi difícil cando coñeceu a Mariela,
que tiña os ollos verdes e o negocio entre as pernas.
Ai que ver que puntaría non te arrimas a unha boa!
SOLDADIÑO MARIÑEIRO COÑECICHES A UNHA SEREA
DESAS QUE DIN QUÉROTE SE VEN A CARTEIRA CHEA.
ESCOLLICHES A MÁIS GUAPA E AO MENOS BOA,
SEN SABER COMO VEU COLLEUTE A TORMENTA.
Despois dun inverno malo, unha mala primavera,
dime por que estás buscando unha bágoa entre a area...

13/06/10

RELAMBENDO O BICO E MOVENDO A LINGUA... (4º ESO)

Da man do programa Cazador de palabras da CRTVG ímonos achegar ao léxico do comercio e da alimentación.

Para estudar as variantes dialectais da lingua galega botarémoslle un ollo á obra A nosa lingua: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php

Agora ninguén vos poderá enganar sobre o seu lugar de orixe!

30/05/10

CANTIGAS... LITERATURA POPULAR DE TRADICIÓN ORAL

a) O cometido (Chouteira): http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html

b) As xaneiras (Malvela): http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cat=9721

c) Regueifas (8 min): http://www.youtube.com/watch?v=ZqED2w0_hx8 (Caba de Bergantiños 4/4)

d) Cantigas de berce. O meu neno de cristal (do disco Arrolos de salitre de Alba Gutierrez, Guille Fernández e Xabier Díaz) http://www.youtube.com/watch?v=pUki2bEAFrs&feature=related

e) Cantar de cego A Federico García Lorca, A Quenlla: http://www.goear.com/listen/5415e9d/canto-de-cego-a-federico-garcía-lorca-a-quenlla

f) "Canto de Pedreiros" (verbo dos Arginas), Pallamallada: http://www.youtube.com/watch?v=qel3YOOhFeY

f) "A rumboia" por A Quenlla: http://www.goear.com/listen/d7b90f2/rumboia-a-quenlla

Música galega máis actual en A Regueifa Plataforma: http://aregueifadiscos.blogspot.com/. Nela podedes escoitar e ver vídeoclips coma este "Criptoozoloxía aplicada" de Ataque Escampe: http://www.youtube.com/watch?v=8Qek_kKqzbY&feature=player_embedded.
Afinade os oídos!
FALAREMOS DE... EDUARDO PONDAL (3º ESO)

Como xa sabedes, esta semana tócanos estudar a Eduardo Pondal e para iso imos botar man dos seguintes recursos:

a) Falaremos ¡e escoitaremos! do himno galego: http://www.galiciaespallada.com.ar/himno_galego.htm
XV PREMIO LITERARIO ÁNXEL CASAL


Todos e todas aqueles que teñades 15 anos ou máis podedes animarvos a escribir en galego e participar neste premio literario que convoca o Concello de Santiago de Compostela dende o ano 1996.

As modalidades son:
a) Poesía (mínimo 100 versos): 1.000 euros o 1º premio e 700 o 2º.
b) Narrativa (conto, mínimo 10 páxs.): 1.000 euros o 1º premio e 700 o 2º.
c) Teatro (mínimo 10 páxs.): 1.000 euros o 1º premio e 700 o 2º.


Non esquezades que o prazo remata o 30 de xuño.
Moita sorte aos participantes!

05/04/10

É A QUENDA DE CURROS ENRÍQUEZ (3º ESO/1º de Bacharelato)
Para estudarmos a este poeta visualizaremos os seguintes vídeos, que tomamos da páxina web de Rosa Salgueiro:
a) Rosa Aneiros fala de Curros.
b) O proceso xudicial contra Aires da miña terra (Historias de Galicia) -a partir do min. 19:50.
c) Breve información sobre Curros publicada en Galicia espallada.
d) "Unha noite na eira do trigo". Musicado (anónimo).
e) A completa presentación de Sofía Rama sobre o autor de Celanova.

Tamén nos serviremos da proposta didáctica sobre Curros Enríquez feita por Armando Requeixo.

SOBRE UXÍO NOVONEYRA...

Este ano o Día das Letras Galegas (lembrade o 17 de maio, o día en que Rosalía de Castro publicou Cantares Gallegos) está dedicado ao poeta Uxío Novoneyra (1930 O Courel-1999). Para todos e todas aqueles que no o saibades a súa obra foi traducida a diversas linguas, entre elas o xaponés, o gaélico, o francés, o inglés, o castelán etc. Velaquí algunhas ligazóns que vos poden axudar a coñecelo un pouco mellor:
a) Uxío Novoneyra: http://www.uxionovoneyra.com/. Nesta páxina pódese escoitar a voz do escritor recitando poemas.


Achegamos unha caricatura de Novoneyra:


21/03/10

A NOVA NARRATIVA GALEGA E UNHA VIAXE ATA TAGEN ATA (4º ESO)

Achegámonos á Nova Narrativa Galega da man da obra de autores como Xosé Luís Méndez Ferrín (1938 Ourense) e Carlos Casares Mouriño (1941 Ourense-2002 Vigo). Botamos man dos seguintes materiais:

a) Resumo e características sobre a Nova Narrativa Galega na páxina de Ogalego.eu da autoría de Anxo González e Vitoria Ogando.


c) Esquema sobre a obra de Méndez Ferrín e Carlos Casares realizado por Manuel Antón Mosteirón García. A esta nova corrente renovadora tamén se adscribe Xosé Fernández Ferreiro, autor dunha das lecturas de carácter voluntario do trimestre: Agosto do 36.

Aqueles e aquelas que teñades máis curiosidade sobre o tema, podedes consultar a obra de Camino Noia titulada A Nova Narrativa Galega.
...PETISCANDO PARA MATAR A FAME! (2º ESO)

Para todos e todas aqueles que sodes bos comedores, velaquí vai algún material que utilizaremos para preparar algunhas saborosas receitas:
a) O Glosario de gastronomia: a cociñar con Paco Feixó 
Que aproveite!
E TI, DE QUEN VES SENDO? (4ºESO)


Aproveitaremos estes días para mergullarnos no mundo da antropoloxía e averiguar de onde vén o noso nome e apelidos e cantas persoas atopamos que se apeliden coma nós. Para iso, traballaremos co:

a) Vídeo dedicado aos topónimos, nomes e apelidos do programa Cazador de palabras.

07/03/10

INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE FP INICIAL (4º ESO)

Lémbrovos a aqueles e aquelas interesadas nestas probas que tedes información relativa ás datas de realización das probas, documentación que hai que entregar, temarios e modelos de exame na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm

Botádelle un ollo!

01/03/10

31/01/10

SEGUIMOS NO CINE... (3º ESO e 4º ESO)

Aqueles que queirades pasar unha tarde de sofá e reflexión podedes botarlle un ollo ao documental Linguas cruzadas (Mónica Ares e María Yáñez, 2007).

Para os amantes da fonética, velaquí tedes dous vídeos que recollen o funcionamento das cordas vocais:

O léxico dos deportes está moi ben tratado no capítulo do Cazador de palabras (15/02/2009)