21/03/10

A NOVA NARRATIVA GALEGA E UNHA VIAXE ATA TAGEN ATA (4º ESO)

Achegámonos á Nova Narrativa Galega da man da obra de autores como Xosé Luís Méndez Ferrín (1938 Ourense) e Carlos Casares Mouriño (1941 Ourense-2002 Vigo). Botamos man dos seguintes materiais:

a) Resumo e características sobre a Nova Narrativa Galega na páxina de Ogalego.eu da autoría de Anxo González e Vitoria Ogando.


c) Esquema sobre a obra de Méndez Ferrín e Carlos Casares realizado por Manuel Antón Mosteirón García. A esta nova corrente renovadora tamén se adscribe Xosé Fernández Ferreiro, autor dunha das lecturas de carácter voluntario do trimestre: Agosto do 36.

Aqueles e aquelas que teñades máis curiosidade sobre o tema, podedes consultar a obra de Camino Noia titulada A Nova Narrativa Galega.
...PETISCANDO PARA MATAR A FAME! (2º ESO)

Para todos e todas aqueles que sodes bos comedores, velaquí vai algún material que utilizaremos para preparar algunhas saborosas receitas:
a) O Glosario de gastronomia: a cociñar con Paco Feixó 
Que aproveite!
E TI, DE QUEN VES SENDO? (4ºESO)


Aproveitaremos estes días para mergullarnos no mundo da antropoloxía e averiguar de onde vén o noso nome e apelidos e cantas persoas atopamos que se apeliden coma nós. Para iso, traballaremos co:

a) Vídeo dedicado aos topónimos, nomes e apelidos do programa Cazador de palabras.

07/03/10

INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE FP INICIAL (4º ESO)

Lémbrovos a aqueles e aquelas interesadas nestas probas que tedes información relativa ás datas de realización das probas, documentación que hai que entregar, temarios e modelos de exame na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm

Botádelle un ollo!

01/03/10