19/12/13

QUEN COÑECE... O APALPADOR?

Nestes días próximos ao Nadal imos aproveitar para achegarnos á figura do Apalpador, o noso carboeiro das montañas galegas. Para levar a cabo a actividade comezaremos traballando co material elaborado por compañeiros e alumnado doutros centros.

a) O caderno O Apalpador realizado dende o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, moi axeitado para o primeiro ciclo de ESO.

b) O vídeo sobre o Apalpador con música de Javier Prado Espiñeira e letra de Cristina Corral Soilán, que pode visualizarse dende a páxina web que estes dous profesores elaboraron para traballar a figura do Apalpador.

c) A canción que o grupo Malvela lle dedica ao Apalpador.



Agora a nosa misión é compilar lendas sobre o Apalpador existententes na montaña lucense. Collemos boli e papel e... botámonos á rúa!!

11/10/13

OINK! A REVISTA DO XABARÍN CLUB

Dende comezos do mes de setembro podemos atopar nos quioscos cunha regularidade mensual Oink! A revista do Xabarín Club, un proxecto nado coa finalidade de achegar aos rapaces entre 6 e 15 anos unha publicación periódica, en galego, con contidos divertidos, relacionados co mes en que se publica e dándolle protagonismo á banda deseñada. Malia retomar o nome do exitoso programa da CRTVG, O Xabarín Club, non está vinculada a este medio de comunicación, xa que é unha produción de Agalip S.L.

Este número 2 está centrado no Samaín e recoméndovola a todos, non só mozos con inquedanzas variadas, senón tamén aos centros educativos, xa que é un material moi asequible (3 euros) para incluír nas vosas caixas de lecturas das aulas e da Biblioteca escolar e, por suposto, ao profesorado. Pasatempos, recomendacións de apps, libros e películas, historias curiosas, actividades culturais de actualidade, manualidades fáciles e vistosas e un calendario mensual en formato A-3 forman parte do contido dos seus números, amais das bandas deseñadas. En concreto, este exemplar inclúe unha banda deseñada de KiKo da Silva titulada "Aprende a debuxar cómics con Fiz", que permite achegar esta actividade de creación ao alumnado de ESO e, de seguro, que con moito éxito. Xa me tarde poñela en práctica!





Parabéns por este proxecto a Agalip e desexámoslle unha longa vida a Oink!, que ha ser así, a xulgar polo entusiasmo co que se está levando a cabo este proxecto.

18/07/13

UN REMUÍÑO BIBLIOGRÁFICO... E ALGO MÁIS!


Con motivo da comunicación "Unha experiencia didáctica multidisciplinaria: os muíños da comarca de Monterrei", pronunciada no curso de verán da USC titulado Toponimia. Actuación e interpretación, ofrecemos unha relación da bibliografía manexada relacionada cos muíños, con esta comarca do sur ourensá e coas diferentes disciplinas dende as que analizamos estas construcións da arquitectura popular.



Aquén [Consulta: 11/07/2013].
Arquivo Histórico Provincial de Ourense: Catálogo de expedientes de muíños do fondo da Xefatura Provincial de Ourense do Servizo Nacional de Produtos Agrarios (SENPA).
Bargiela Troncoso, Anxelica (1999): “Galicia ten máis de 100.000 aceas segundo a Asociación Galega de Muíños”, Territorios de Galicia 26, 42-44.
Bas, Begoña (1998): “Observacións de carácter etnolóxico das denominacións do muíño en Galicia” en Dieter Kremer (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, 475-480.
Blanco Rivero, Daniel (2003): Os muíños e as demais contrucións tradicionais do Concello de Laza. Proxecto de licenciatura inédito.
Boullón Agrelo, Ana I. e Xulio Sousa Fernández (dirs.): Cartografía dos apelidos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. [Consulta: 11/07/2013].
Caamaño, Manuel (2003): As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. [Santiago de Compostela]: Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
De Llano Cabado, Pedro (2006): Arquitectura popular en Galicia. Vigo: Xerais.
Estévez Lavandeira, Ana (2008): “Auga pasada non move muíño?: experiencias didácticas coa cultura tradicional” en Ana M. Pose Blanco e Xesús Rodríguez Rodríguez (coords.): Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia. Noia: Toxosoutos.
InstitutoNacional de Estatística [Consulta: 11/07/2013].
Lorenzo Vázquez, Ramón (1962): “Estudios etnográfico-lingüísticos sobra La Mahía y aledaños. El Molino” en Cuadernos de Estudios Gallegos, t.10-fasc. 64, 200-241.
Lores Rosal, Xavier (1987): Os muíños. Vigo: A Nosa Terra.
Madoz, Pascual (1986): Diccionario geográfico estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar: Galicia. 6 vols. Santiago de Compostela: Libros Galicia.
Marqués Valea, Julia (2003): A toponimia na escola: guía para a recollida, catalogación e estudo dos nomes tradicionais de lugar. [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral de Política Lingüística.
Marqués Valea, Xulia (2008) Enredando nos topónimos con Rodari. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Marqués Valea, Xulia (2013): “Mirando o pasado con vistas no futuro: un espazo para a toponimia na aula”. Revista Galega do Ensino 65. [Santiago de Compostela]: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria <en liña> [Consulta: 11/07/2013].
Méndez Fernández, Luz (2000): ¿Por que se chama así este sitio?. Santiago: Lea Edicións.
Rivas Quintas, Eligio (1997): O muíño. [Ourense]: Grafo Dos.
Rodríguez, Manuel F. (2008): Comarca de VerínMonterreiVerínCualedroOímbra, Laza, Vilardevós. [Verín (Ourense)]: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
Rodríguez Parada, Raquel (2010): “Un traslado dun foro de Monterrei escrito en galego no ano 1449” en Boletín Avriense 40, 7-22.
Sistema de información xeográfica de parcelas (sixpac[Consulta: 11/07/2013].
Taboada Cid, Manuel (1988): Léxico de la comarca de Verín. Ourense: Museo Arqueológico Provincial.
Taboada Chivite, Xesús (1959/1960): “Notas sobre toponimia verinense” en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, t. 20, fasc. 1-4, 105-116.
VV.AA (2009): Oxford Thesaurus of English. Oxford: University
VV.AA (1996): The Oxford-Duden Pictorial Spanish and English Dictionary. Oxford: University.



A seguir ofrecemos algunhas das actividades, realizadas co alumnado, que foron presentadas nesta
comunicación:

1. Tarefas centradas na aproximación aos topónimos da comarca de Monterrei e á súa orixe.

2. Tarefas baseadas nas cantigas e refráns relacionados co muíño recollidos polo alumnado do IES Xesús Taboada Chivite de Verín (curso 2009-2010).

3. Actividades centradas no estudo da antroponimia baseada na toponimia da comarca de Monterrei.

24/06/13

AS HERBAS DE SAN XOÁN E AS CACHARELAS!

A través do Portal das palabras imos achegarnos aos nomes de sete das herbas máis comúns no día de san Xoán e tamén á variedade de voces que hai en Galicia para denominarmos as fogueiras.



Agora tócavos a vós:

a) Cal é a denominación que lle dades na vosa zona ás fogueiras?
b) Tedes algún outro nome para estas herbas máxicas?

17/05/13

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO!

Este ano o personaxe homenaxeado o 17 de maio, Día das Letras Galegas, é o escritor, dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño. Para coñecermos un pouco máis a este compostelán, velaquí queda esta estupenda gravación a modo de telexornal feita polo alumnado do CPI Os Dices de Rois




Parabéns a todos os alumnos e profesorado participantes por este traballo tan ben feito!

01/05/13

DE COMERCIOS E COMPRAS!

Cando imos aos comercios podemos mercar infinidade de cousas e se queremos facer unha revisión do vocabulario que se asocia ás diferentes tendas (carnizaría, mercería, tinturaría, zapatería...) podemos achegarnos ao Dicionario ilustrado do comercio, coordinado por X. Cabaleiro Carro e editado pola Federación Galega de Comercio, que malia estar publicado no ano 2008, é unha ferramenta moi útil para a aprendizaxe do léxico tanto para os galelegofalantes coma para aqueles que se achegan por primeira vez á lingua galega. Amais, é moi recomendable para a Educación Primaria e Secundaria polo feito de ofrecerse en .pdf e, sobre todo, en formato libro flash con páxinas dinámicas en 3D.



Ir de compras nunca foi tan barato!

20/03/13

MARCHANDO... UNHA DE TOPONIMIA DE MARÍN!

Todos e todas sabemos que os nomes de lugar chámanse topónimos e que a toponimia é ben sabia á hora de adxudicar un nome: Lamela (lugar onde abonda ou abondou a lama), Mesón do vento (sobran as palabras, ao pasar por alí recíbenos o zoar do vento), Meixonfrío (lugar frío onde os haxa), etc.

Estas curiosidades dos nosos nomes de lugar foi o que levou aos alumnos do CEIP O Sequelo, de Marín, a gravar un vídeo ben xeitoso sobre a motivación destes nomes no seu concello titulado Toponimia de Marín.

Parabéns aos rapaces, profes e pais que colaboraron nel e que nos contan con tanta graza a historia dos seus lugares máis próximos e nos demostran que a toponimia é cousa de todos!
Ver imagen en tamaño completo