19/12/13

QUEN COÑECE... O APALPADOR?

Nestes días próximos ao Nadal imos aproveitar para achegarnos á figura do Apalpador, o noso carboeiro das montañas galegas. Para levar a cabo a actividade comezaremos traballando co material elaborado por compañeiros e alumnado doutros centros.

a) O caderno O Apalpador realizado dende o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, moi axeitado para o primeiro ciclo de ESO.

b) O vídeo sobre o Apalpador con música de Javier Prado Espiñeira e letra de Cristina Corral Soilán, que pode visualizarse dende a páxina web que estes dous profesores elaboraron para traballar a figura do Apalpador.

c) A canción que o grupo Malvela lle dedica ao Apalpador.



Agora a nosa misión é compilar lendas sobre o Apalpador existententes na montaña lucense. Collemos boli e papel e... botámonos á rúa!!