31/05/14

UNHA HISTORIA DE AMOR, ODIO E VINGANZA: INÉS DE CASTRO

Velaquí vos deixo unhas ligazóns para que coñezades a figura dunha galega que reinou despois de morta no século XIV na corte portuguesa.

    a) Información que achega a Galipedia sobre Inés de Castro.
    b) Un documental (en portugués) titulado Histórias que o tempo apagou: por que morreu Inés de Castro (a partir do minuto 3:39).


Tumba de Inés de Castro no mosteiro de Alcobaça

12/05/14

17 DE MAIO DE 2014... XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1º e 2º ESO)

Este ano 2014 o Día das Letras galegas está dedicado ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, motivo polo que nos imos achegar á súa obra traballando cunha escolma de poemas e, como apoio, veremos os vídeos do Portal das Palabras titulados Penélope (Palabras de Díaz Castro) e O léxico de Nimbos (Palabras de Díaz Castro)

Ademais, como aproximación á figura deste autor visualizaremos o telexornal que fixeron os compañeiros do CPI dos Dices, en Rois e a película Os camiños esquencidos, centrada súa vida e elaborada pola comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.




Ah! Non esquezades que durante este mes poderedes ver nas bolsas da compra das empresas Vegalsa-Eroski poemas pertencentes á obra poética Nimbos de Díaz Castro.

Un paso adiante!

05/05/14

TRABALLAMOS O XÉNERO NARRATIVO

Desta volta imos traballar o xénero narrativo a través dun conto tradicional galego: O sapo e o raposo, breve e axeitado para facermos este estudo.


https://www.youtube.com/watch?v=g9arSG5Peh4

Amais, Rosa Salgueiro ofrécenos unha actividade interactiva sobre este conto, realizada co HotPotatoes.

A traballar!