16/01/17

FALAMOS DA ESCRITORA MARILAR ALEIXANDRE

A meirande parte de vós coñecedes a escritora Marilar Aleixandre pola súa literatura xuvenil que, de seguro, léstedes nalgunha ocasión: A expedición do Pacífico (1994), A banda sen futuro (1999), etc.

Este pasado sábado, 14 de xaneiro de 2017, a escritora ingresou na Real Academia Galega (RAG) cun emotivo discurso titulado Voces termando da paisaxe, no cal facendo un repaso por varios dos autores destacados da literatura galega resaltou a importancia de termar (=ter conta da) paisaxe, da cultura e visibilizou a figura da muller. A resposta ao seu discurso foi dada pola tamén escritora, ben coñecida por todos nós, Fina Casalderrey.

Ambos os dous textos quedan ao voso dispor para que os poidades ler e non esquezades termar do que é noso!



Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey
no ingreso na RAG