25/02/19

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Moitas foron as propostas que onte, 24 de febreiro, se levaron a cabo para conmemorar os 182 anos do nacemento da nosa autora máis insigne.
Deixamos aquí esta versión do poema rosaliano "Cantarte hei, Galicia" realizada polo dúo Adhara and Ritman.

10/02/19

UN NARRADOR DE POSGUERRA: ÁNXEL FOLE (4º ESO)

Achegámonos á figura do escritor lucense Ánxel Fole botando man dos seguintes materiais:

a) Documental sobre o autor co gallo da súa homenaxe no Día das letras galegas do ano 1997 (53:28min). A súa realización foi promovida polo Consello da Cultura Galega e nel podedes escoitar a súa voz.

b) Diapositivas sobre a Narrativa de Posguerra elaboradas IES María Soliño, que ofrece información sobre Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro.

c) Adaptación do conto "Os lobos" pertencente á obra Á lus do candil (1952) de Ánxel Fole (18:00min) da man da Consellería de Educación e da Dirección Xeral de Política Lingüística.



06/02/19

EN TOMIÑO, DISE ASÍ!

O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño participou xunto con outros centros de Galicia no programa 21 Días co galego e máis. Unha das tarefas realizadas foi elaborar un vídeo, titulado En Tomiño, dise así, no cal se explican con claridade os trazos dialectais máis destacados deste concello pontevedrés.

Recoméndovos a súa visualización porque resulta moi útil para coñecermos a variedade dialectal desta zona e anímovos a que continuedes esta fantástica idea. Así, estudar Dialectoloxía será moitísimo máis divertido!



Imaxe publicada no Faro de Vigo

Vaivos gustar! :-)