UNHA MIRADA AO NEOTROBADORISMO
O neotrobadorismo é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galicia da lírica medieval galego-portuguesa que fixo posible a aparición dun novo discurso poético. Os seus máximos representantes considéranse: Fermín Bouza Brey (1901-1973) e Álvaro Cunqueiro (1911-1981) coas súas obras Nao senlleira e Seitura (Bouza Brey) e Cantiga nova que se chama ribeira e Dona do corpo delgado (Cunqueiro).
Posteriormente outros autores recorreron á lírica medieval para elaborar as súas composicións poéticas, como Antón Reixa na obra Viva Galicia, beibe (1994) e o Colectivo Ronseltz no poemario conxunto titulado Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).
Deseguido recollemos unha pequena mostra de poemas neotrobadorescos.
POLOS TEUS OLLOS QUEN PASOU, AMIGA
Polos teus ollos quen pasou, amiga,
deixou unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Deixou de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasou, amada.
Nos ollos teus.
Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira,1980.
Deseguido recollemos unha pequena mostra de poemas neotrobadorescos.
POLOS TEUS OLLOS QUEN PASOU, AMIGA
Polos teus ollos quen pasou, amiga,
deixou unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Deixou de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasou, amada.
Nos ollos teus.
Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira,1980.
NO NIÑO NOVO DO VENTO
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áires de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira,1980.
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áires de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira,1980.
CONTRABANDO DE AMIGO
Sentada esto na Illa de San Simón
Esperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sol
e pola ponte de Rande van e veñen sen parar
moitos coches, meu amigo, que non veñen Gran Sol.
Pero ti non chegas do Gran Sol
e tamén marchou o sol
cae a noite sobre o sol
contrabando contra o amor.
Mentiches meu amigo, mentiches meu amor
mentira meu amigo, ti non fuches ó Gran Sol
contrabando de tabaco e de drogas de drogar
amor de batea o que ti me queres dar.
Sentada estaba eu na Illa de San Simón
esperando, meu amigo, que volveses do Gran Sol
pola ponte pasan coches, planeadoras polo mar
peaxe e contrabando, o amor non paga arancel.
Ti non fuches ó Gran Sol
contrabando contra o sol
de batea o teu querer
contrabando o teu amor .
Sentada non vou quedar, non vou mirar para atrás
pola ponte pasan coches, non son estatua de sal
contrabando o que ti fas, ti non pescas no Gran Sol
mellor foi así que no Pérsico naufragar.
Antón Reixa, Viva Galicia, beibe (1994)
Neotrovadorismo (I)
Os espárragos son diuréticos
E ti es o amor da miña vida
E ti es o amor da miña vida
Neotrovadorismo (II)
(Cantiga de amigo, escarnio e maldicir)
Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre
Neotrovadorismo (IV)
Ondas do mar de Vigo
se vistes meu amigo:
que marchei.
Colectivo Ronseltz, Unicornio
de cenorias que cabalgas os sábados (1994).