05/04/10

É A QUENDA DE CURROS ENRÍQUEZ (3º ESO/1º de Bacharelato)
Para estudarmos a este poeta visualizaremos os seguintes vídeos, que tomamos da páxina web de Rosa Salgueiro:
a) Rosa Aneiros fala de Curros.
b) O proceso xudicial contra Aires da miña terra (Historias de Galicia) -a partir do min. 19:50.
c) Breve información sobre Curros publicada en Galicia espallada.
d) "Unha noite na eira do trigo". Musicado (anónimo).
e) A completa presentación de Sofía Rama sobre o autor de Celanova.

Tamén nos serviremos da proposta didáctica sobre Curros Enríquez feita por Armando Requeixo.

SOBRE UXÍO NOVONEYRA...

Este ano o Día das Letras Galegas (lembrade o 17 de maio, o día en que Rosalía de Castro publicou Cantares Gallegos) está dedicado ao poeta Uxío Novoneyra (1930 O Courel-1999). Para todos e todas aqueles que no o saibades a súa obra foi traducida a diversas linguas, entre elas o xaponés, o gaélico, o francés, o inglés, o castelán etc. Velaquí algunhas ligazóns que vos poden axudar a coñecelo un pouco mellor:
a) Uxío Novoneyra: http://www.uxionovoneyra.com/. Nesta páxina pódese escoitar a voz do escritor recitando poemas.


Achegamos unha caricatura de Novoneyra: