22/01/19

A HISTORIA DA LITERATURA GALEGA DA AS-PG

A Asociación Socio-Pedagóxico Galega (AS-PG) no ano 2016 puxo a disposición de todos e todas nós a versión dixital da Historia da literatura galega, publicada inicialmente en fascículos. Durante estes anos fóronse ampliando contidos e engadindo textos literarios, que podemos consultar de xeito gratuíto e sen necesidade de estarmos (Ollo! un infinitivo conxugado!) contectados/as á Internet.

Velaquí queda este recurso tan útil para que poidades facer as vosas consultas.



Metémoslle o dente á historia da nosa literatura?

13/01/19

REGGAETÓN PARA COLOCAR BEN O PRONOME


O youtubeiro e milenial Aquel-e no LGx15, o encontro de ideas para o futuro da lingua organizado pola CTNL, presentou un reggaetón titulado Non me digas "te quero" moi útil para axudarnos a colocar ben o pronome.



Vaivos gustar!

09/01/19

"SOBRE A MORTE DO BIEITO" DE RAFAEL DIESTE

O relato de Rafael Dieste titulado "Sobre a morte do Bieito", publicado na obra Dos arquivos do trasno no ano 1926, conta cunha interesante curtametraxe realizada por Xudit Casás, que podedes visualizar premendo na imaxe.