UNHA NOVA PUBLICACIÓN: O Dicionario de pronuncia da lingua galega
Recentemente a RAG e o ILG editaban o Dicionario de pronuncia da lingua galega, da autoría de Xosé Luís Regueira.
O interese desta obra está en que recolle a pronuncia de 47.000 voces e con el achégase unha ferramenta útil para o estudo do estándar oral que vai ser de axuda tanto para xornalistas, alumnos procedentes doutras comunidades, alumnos galegos e docentes. Precisamente, para uso docente resulta moi axeitada a introdución do libro, que podedes consultar ou descargar en:
Espero que agora non se vos resistan os fonemas!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilj199hij3MD9y2dRBhNdkreA-ygav1ADbuECTtjYuoaXjHONmD5V3wWnpx7L8G251uqXlvDk9YJehL5J9nEBadeaPJskBKFgEZ1FXh-K2vvpGv0dzdhyGfSG0v55lH6aq3D0qEZPZf6o/s320/221010dicionarioilg_jpg_754827954.jpg)