29/07/15

CASTELLANOS DE CASTILLA...

De seguro que recoñecedes este verso dunha copla popular que glosou a poeta Rosalía de Castro en Cantares gallegos (1863). Para que entendades mellor a composición e a figura dos segadores, a pesar de haber séculos de diferenza, podedes ler este artigo publicado no xornal Faro de Vigo (27.07.2015) titulado "Los últimos de Castilla".


Bo verán e vémonos en setembro!

21/07/15

UNHA REFLEXIÓN DA MAN DE ALDAOLADO

Lucía Aldao e María Lado son dúas poetisas que integran o dúo Aldolado. O pasado venres actuaron no programa Luar cunha intervención moi interesante sobre a lingua e a sociolingüística e, por suposto, con presenza da poesía. Botádelle un ollo!


Ambas as dúas teñen obras poéticas publicadas, así que vos animo a que investiguedes na rede.