23/12/19

LEVOU-S' AA ALVA, LEVOU-S' A VELIDA... de Pero Meogo

Nesta ocasión ofrecemos unha recreación da fermosa cantiga do trobador Pero Meogo coñecida como "Levou-s' aa alba, levou-s' a velida", publicada a través da páxina do Facebook do Proxecto Lírica, dirixido pola profesora Mariña Albor.

Baixo a denominación Proxecto Lírica defínese un proxecto centrado no estudo da historia, arte e literatura medievais coa finalidade de dalas a coñecer a través dos medios dixitais, en concreto, un documental divulgativo e unha serie de aplicacións para os móbiles que nos van permitir seguir as rutas que marcaron as vidas dos trobadores Fernán Páez de Tamalancos, Joam Soarez Somesso e Pero Meogo, este último vinculado ás terras do norte de Portugal.

Quedamos á espera de poder ver e compartir este documental!