BO NADAL A TODOS E A TODAS!
23/12/12
30/06/12
ROTEIRO LITERARIO POLA VILA DE CELANOVA
Velaquí queda o testemuño gráfico da xornada!
Agora recoméndovos coller os flocos de millo e ver o galardoado documental sobre Celso Emilio Ferreiro 100% CEF dirixido por Aser Álvarez e protagonizado por Luís Tosar. Vaivos gustar!
O día 29 de maio achegámonos ata Celanova e Vilanova dos Infantes para facer o roteiro literario de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Logo da sesión literaria, moi ben organizada por Paula, a guía da Fundación Curros, e por Diana, a encargada de ensinarnos o mosteiro, dirixímonos cara ás termas de Outariz (en Ourense) para relaxarnos un pouco.
Velaquí queda o testemuño gráfico da xornada!
Agora recoméndovos coller os flocos de millo e ver o galardoado documental sobre Celso Emilio Ferreiro 100% CEF dirixido por Aser Álvarez e protagonizado por Luís Tosar. Vaivos gustar!
13/05/12
ESTA SEMANA COÑECEREMOS A... VALENTÍN PAZ ANDRADE (1º E 2º de ESO)
Como todos e todas sabedes, este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao galeguista Valentín Paz Andrade, motivo polo que nos imos achegar un pouco á súa vida e obra da man de:
b) O libro interactivo de Valentín Paz Andrade.
Parabéns ao autores destes materiais!
22/04/12
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Comezaremos a semana achegándonos á historia do libro e da escrita. Para iso, ademais do material complementario utilizado na aula, visualizaremos:
a) A elaboración dos códices e
b) A historia do libro.
Comezaremos a semana achegándonos á historia do libro e da escrita. Para iso, ademais do material complementario utilizado na aula, visualizaremos:
a) A elaboración dos códices e
b) A historia do libro.
15/04/12
A NARRACIÓN ORAL... (1º ESO)
Para achegármonos á narración oral visualizaremos o conto audiovisual A pota que trota e escoitaremos da man de Paula Carballeira a historia titulada "O neno que quería ser morto".
Para achegármonos á narración oral visualizaremos o conto audiovisual A pota que trota e escoitaremos da man de Paula Carballeira a historia titulada "O neno que quería ser morto".
Abríde ben os oídos!!!!!
06/04/12
DICIONARIO DA RAG (2012)
A Real Academia Galega recentemente presentou o seu sitio web e o Dicionario en versión electrónica adaptado á norma aprobada no ano 2003. Queda á vosa disposición e tamén a realización sonora das voces que funcionan como entradas do dicionario.
Clicade no altofalante e xa veredes!
12/03/12
SOBRE O TEATRO (2º ESO)
Ábrese o telón!
Esta semana imos traer o mundo do teatro á aula e para iso leremos parte da obra A Piragua de Candido Pazó e visualizaremos uns minutos da representación do Centro Dramático Galego.Tamén manexaremos o texto dramático de Álvaro Cunqueiro titulado O incerto señor dom Hamlet. Príncipe de Dinamarca.
Ábrese o telón!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj9bB2CTlL8FcyOer8PJ3nc0ALePTzECezzqBrSAN06NAwTNrmQ03u9_F7o6bJQe6fLAKV_Hj8VZm2CgJNE0zJL211bj6aIpbhW_RIQ2w7vXSrQUQu8xaHPbDaTjzoLzhU5GJlHTF1rre8/s320/piragua.jpg)
28/02/12
TRABALLAMOS COA OBRA CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO... (2º ESO)
Nesta ocasión achegarémonos a esta obra de Jordi Sierra i Fabra a través de:
a) Un vídeo, da autoría de Xiana Conde Alonso, que podemos utilizar como presentación desta obra.
a) Un vídeo, da autoría de Xiana Conde Alonso, que podemos utilizar como presentación desta obra.
b) A actividade en glogster sobre a obra, publicada en Libraco.
c) A música de Bob Dylan que lle dá o título á novela: Knockin'on heaven doors.
Facede a equipaxe que marchamos á India!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhKSqJvGYAudyoW6ThnjdcRF-tx7LLswB2me-m-yQ1rX-NNSU7MkskOFXmi1lSxnIEbIYOwFxaf50TgrUaM8qRBiuCXQRozSoLX0AwNgJIaoZ0njd0NmF-ZDsg_Oidb6sz5vIBESoNMG4I/s320/mapa-india.gif)
22/01/12
Esta semana reflexionaremos sobre as linguas minoritarias e minorizadas e como ferramenta de análise servirémos do seguintes vídeos:
a) Lingua minoritaria, breve vídeo elaborado por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.
b) Contaxio de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.
c) Responsabilidade de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.
d) Sobre as Linguas do mundo e Ecoloxía lingüística do Ben Falado!
Agora só temos que falar!!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi5K_10Ahb-J03CjA5o6Q-9b8XUQFYCUThMmA3Kt5_HBzw-SnEv5qM8mTrSQmKuTgmQmO0HNN4X4J6XxsnngbFT6RO9M99YmuHqt1vr9MiZbv0ceX7wb0wx3EgQ5TRKtYfbkxDRehuEhhs/s320/descarga.jpg)
19/01/12
UNHA LECTURA DE RESISTENCIA DE ROSA ANEIROS (1º de Bacharelato)
Para achegármonos a esta obra e coñecer a época histórica en que se enmarca imos consultar:
a) Unidade didáctica elaborada no IES Pazó da Mercé polo alumnado de 1º de Bacharelato e a súa profesora, Loli Cid. Parabéns a todos eles pola fantástica análise da obra.
15/01/12
AS LINGUAS ROMÁNICAS E AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA (1º ESO)
Para abordarmos estes temas imos visualizar:
a) As linguas de Europa do Proxecto Loia.
c) Uns minutos da Historia da Lingua Galega, documental producido pola CRTVG.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjat-4tnqgiTgkMDiSX1RSt8g0f7HAlltxmoB0_zxoKjsM204mzR4HrsDxCONe1WDEffkVm8NoM0rgMUNJMVxpTu3iu1F4z0ye-GjSzK_Frcun-1TQscTGaFruhjx7weQb-myg6ud1Ha5A/s320/0_001_gl.gif)
A continuación escoitaremos as canción "Ai se eu te pego" de Michel Teló e Paraules d'amor de Joan Manuel Serrat e intentaremos traducilas ao galego para buscar as semellanzas e diferenzas. Ademais, o compañeiro do Brasil hanos axudar!
10/01/12
ISAAC DÍAZ PARDO
Nesta clase imos achegarnos á figura do artista plástico Isaac Díaz Pardo visualizando:
a) O trailer do documental ISAAC dirixido por Xosé Abad, que nos vai permitir coñecer as vivencias e a obra deste creador.
b) O documental Historias de Vida (culturagalega).
c) O documental Isaac Díaz Pardo da CRTVG.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEishEYjKXBQPNn80lo3ldyp9-EToct-s9mOJ4OJKvHOP7RplH-8aM-64moq6JpJMoG00HxxhwjIIxaPJiXkiog-U3ooG9_EpP12S0cvp9RjFSx2XzNgNt77DM73URq7oOMYlhDdiwwNIUI/s320/Isaac.jpg)
Logo da visualización contesta (reflexionando) as seguintes preguntas:
-Cal era a profesión de Isaac Díaz Pardo?
-Onde naceu e onde morreu? En que datas?
-Reflexiona por que o teu centro se coñece co nome deste intelectual.
-Con que autores que coñeces se relacionou Díaz Pardo?
-Que supuxo a Guerra Civil para este artista?
-En que lugares viviu?
De seguro que agora sabes algo máis de Isaac Díaz Pardo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)