23/03/14

UNHA OBRA DE TEATRO: AS DO PEIXE 

Aproveitando a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, achegarémonos a Pontevedra para ver a obra teatral As do peixe, da compañía Abrapalabra. Está dirixida por Cristina Domínguez e o texto, centrado no traballo das mulleres nas fábricas de conserva, é da autoría de Candido Pazó.


Como lectura previa utilizaremos a entrevista á directora artística, Cristina Domínguez, que se recolle no diario dixital Praza Pública e uns minutos da obra que podedes ver premendo na imaxe.


Agora ao teatro e, en breve, poderemos traballar co texto teatral!

11/03/14

FALAMOS... DE PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS!

Nesta ocasión imos (e non *vamos) reflexionar un pouco sobre os prexuízos lingüísticos e, para iso, visualizaremos algúns vídeos:
a) O primeiro deles será o dunha concursante do programa Gran Hermano falando sobre a lingua galega e o seu uso.


b) A entrevista do lingüista Juan Carlos Moreno Cabrera, autor de Los dominios del español: guía del imperialismo lingüístico panhispánico (programa Para todos la 2).




c) A reflexión de dúas mulleres galegofalantes sobre o uso da lingua galega dende as súas vivencias.




d) O vídeo Lingua minoritaria da autoría de Manuel Bermúdez e Manuel Núñez Singala.




e) O texto de Séchu Sende "Guía sexual da sociolingüística".

f) As palabras da xornalista Marga Pazos recollidas na entrega dos premios Mestre Mateo 2015 á mellor comunicadora.



Agora tócanos a nós reflexionar, valorar e extraer conclusións de todo o que se conta nestes vídeos e no texto e, se queredes, noutros moitos espallados pola rede. Dámoslle á lingua? ;-)