13/10/23

 50 É UNHA VIDA. O DOCUMENTAL DO IES RAMÓN CABANILLAS

Dende o EDLG do IES Ramón Cabanillas de Cambados chegounos o fantástico documental titulado 50 é unha vida realizado polo alumnado de 1º de ESO xunto co profesor xubilado Jose Castro. 

Velaquí o recollemos para que non perdades a oportunidade de visualizalo.

Parabéns a todos e todas vós polo voso traballo!



08/10/23

SABER GALIZA. UN DOCUMENTAL SOBRE O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS  

Co gallo do 100º aniversario da creación do Seminario de Estudos Galegos (1923) creouse o documental Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos, coa colaboración de Nós Televisión, a Universidade de Santiago de Compostela, os concellos de Ames e Compostela e o Museo de Pontevedra. 

En pouco máis de trinta minutos dáse a coñecer o importante labor de carácter multidisciplinario levado a cabo por esta institución, creada polo interesese de estudantado da universidade compostelá (Xosé Filgueira Valverde, Fermín Bouza-Brey...) ao que se foron unindo profesorado (como Ramón Otero Pedrayo) e outros intelectuais do galeguismo, entre os que podemos destacar a Vicente Risco e Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

Vaivos gustar!