A RUTA LITERARIA DA OBRA A praia dos afogados
O venres pasado seguímoslle a pista á novela A praia dos afogados de Domingo Villar e tivemos o pracer de contar cun guía de luxo: o arqueólogo Xosé Lois Vilar. Velaquí quedan algunhas das imaxes e, por petición vosa, as pezas musicais que ambientan esta novela tan intrigante.
Alumnado de 4º de ESO (A e B) do IES Ribeira do Louro do Porriño
A música da novela
a) O inspector Leo Caldas, entre reflexión e reflexión, escoita na súa casa a peza de Louis Armstrong "
Exactly like you".
b) Caldas está moi encabuxado cunha canción que soa no programa radiofónico en que participa (
Patrulla nas ondas). Trátase de
"Promenade" ou
"Walking the dog" de George Gershwin.
c) O amigo de Caldas Manuel Trabazo, médico xubilado afeccionado á pesca, cataruxaba moito unha canción de Léo Ferré titulada
"Avec le temps". Esta canción tamén era unha das favoritas da nai do inspector.
d) O mariñeiro morto, Xusto Castelo (alcumado o Rubio) asubiaba acotío a
"Canción de Solveig" de Peer Gynt (suite nº 2), que compuxo Grieg.
Desfrutade da música e, por suposto, da literatura! :-)
Ah! Preparade os flocos de millo, que o 20 e o 21 deste mes veremos a película.