05/02/14

AS "CHATAS" DO GROVE

O alumnado dos IES As Bizocas e Monte da Vila do Grove elaboraron baixo a coordinación dos profesores Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena, Patricia Arias Cachero e Antón Mascato o Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas, unha interesante obra na cal recollen, por orde alfabética, os alcumes dos habitantes do Grove e achegan  información relativa á súa motivación.

Velaquí quedan unhas páxinas de mostra:


Botádelle un ollo, que vos vai gustar!
Podedes ampliar información na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.