17/05/13

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO!

Este ano o personaxe homenaxeado o 17 de maio, Día das Letras Galegas, é o escritor, dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño. Para coñecermos un pouco máis a este compostelán, velaquí queda esta estupenda gravación a modo de telexornal feita polo alumnado do CPI Os Dices de Rois




Parabéns a todos os alumnos e profesorado participantes por este traballo tan ben feito!

01/05/13

DE COMERCIOS E COMPRAS!

Cando imos aos comercios podemos mercar infinidade de cousas e se queremos facer unha revisión do vocabulario que se asocia ás diferentes tendas (carnizaría, mercería, tinturaría, zapatería...) podemos achegarnos ao Dicionario ilustrado do comercio, coordinado por X. Cabaleiro Carro e editado pola Federación Galega de Comercio, que malia estar publicado no ano 2008, é unha ferramenta moi útil para a aprendizaxe do léxico tanto para os galelegofalantes coma para aqueles que se achegan por primeira vez á lingua galega. Amais, é moi recomendable para a Educación Primaria e Secundaria polo feito de ofrecerse en .pdf e, sobre todo, en formato libro flash con páxinas dinámicas en 3D.



Ir de compras nunca foi tan barato!