11/03/17

AS INTERFERENCIAS E AS DESVIACIÓNS DA NORMA (1º Bacharelato)

Esta semana afondamos na variedade estándar da lingua galega e no proceso da súa fixación. Ademais analizamos as interferencias lingüísticas (castelanimos, lusismos, etc.) e clasificamos os fenómenos que provocan a desviación da norma (hipergaleguismos, vulgarismos, arcaísmos, etc.). Como repaso, velaquí tedes unha síntese deste tema, moi útil, elaborada no IES de Mos.

Ademais, dende esta ligazón podedes descargar as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, publicadas pola RAG e o ILG no ano 2003.




Ánimo coa vosa catalogación de interferencias e desviacións da norma e xa sabedes que as cantigas populares son unha fonte inesgotable para reflexionarmos sobre este tema :-)

06/03/17

OS SÉCULOS ESCUROS E A ILUSTRACIÓN

 Para achegármonos a esta etapa da Literatura galega imos botar man dos seguintes recursos, que nos poden a axudar a comprender a produción literaria e a coñecer a situación da lingua galega.

a) Un fragmento do capítulo "Lingua de reis, lingua do pobo" (8:25min a 17:25min) do programa Historias do Galicia, emitido pola CRTVG. 

b) Os materiais e completa presentación elaborada por Marlou e titulada Os Séculos Escuros e a Ilustración. 

c) A curtametraxe de animación Escola das areas está dirixida por Tomás Conde Rodríguez e no ano 2002 foi galardoada co Premio Mestre Mateo na categoría mellor curtametraxe de animación. Está centrada na figura do Padre Sarmiento, que acode a Pontevedra para coñecer o doutor Morte na busca da vacina contra a varíola. Nese contexto o bieito Sarmiento vai atopar unha situación diglósica entre o profesor e o alumnado e nese contexto porá en práctica o seu método pedagóxico.