30/06/12

ROTEIRO LITERARIO POLA VILA DE CELANOVA

O día 29 de maio achegámonos ata Celanova e Vilanova dos Infantes para facer o roteiro literario de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Logo da sesión literaria, moi ben organizada por Paula, a guía da Fundación Curros, e por Diana, a encargada de ensinarnos o mosteiro, dirixímonos cara ás termas de Outariz (en Ourense) para relaxarnos un pouco.

Velaquí queda o testemuño gráfico da xornada!


Agora recoméndovos coller os flocos de millo e ver o galardoado documental sobre Celso Emilio Ferreiro 100% CEF dirixido por Aser Álvarez e protagonizado por Luís Tosar. Vaivos gustar!






13/05/12

ESTA SEMANA COÑECEREMOS A... VALENTÍN PAZ ANDRADE (1º E 2º de ESO)

Como todos e todas sabedes, este ano o día das Letras Galegas está dedicado ao galeguista Valentín Paz Andrade, motivo polo que nos imos achegar un pouco á súa vida e obra da man de:


Parabéns ao autores destes materiais!


22/04/12

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Comezaremos a semana achegándonos á historia do libro e da escrita.  Para iso, ademais do material complementario utilizado na aula, visualizaremos:
a) A elaboración dos códices e

b) A historia do libro.

15/04/12

A NARRACIÓN ORAL... (1º ESO)

Para achegármonos á narración oral visualizaremos o conto audiovisual A pota que trota e escoitaremos da man de Paula Carballeira a historia titulada "O neno que quería ser morto".

Abríde ben os oídos!!!!!

06/04/12

DICIONARIO DA RAG (2012)

A Real Academia Galega recentemente presentou o seu sitio web e o  Dicionario en versión electrónica adaptado á norma aprobada no ano 2003. Queda á vosa disposición e tamén a realización sonora das voces que funcionan como entradas do dicionario.

Clicade no altofalante e xa veredes!

12/03/12

SOBRE O TEATRO (2º ESO)


Esta semana imos traer o mundo do teatro á aula e para iso leremos parte da obra A Piragua de Candido Pazó e visualizaremos uns minutos da representación do Centro Dramático Galego.Tamén manexaremos o texto dramático de Álvaro Cunqueiro titulado O incerto señor dom Hamlet. Príncipe de Dinamarca.

Ábrese o telón!

28/02/12

TRABALLAMOS COA OBRA CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO... (2º ESO)

Nesta ocasión achegarémonos a esta obra de Jordi Sierra i Fabra a través de:

a) Un vídeo, da autoría de Xiana Conde Alonso, que podemos utilizar como presentación desta obra.

b) A actividade en glogster sobre a obra, publicada en Libraco.

c) A música de Bob Dylan que lle dá o título á novela: Knockin'on heaven doors.

Facede a equipaxe que marchamos á India!

22/01/12


...SOBRE LINGUAS MINORITARIAS (2º ESO)

Esta semana reflexionaremos sobre as linguas minoritarias e minorizadas e como ferramenta de análise servirémos do seguintes vídeos:

a) Lingua minoritaria, breve vídeo elaborado por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.

b) Contaxio de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.

c) Responsabilidade de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez.

Agora só temos que falar!!!


19/01/12

UNHA LECTURA DE RESISTENCIA DE ROSA ANEIROS (1º de Bacharelato)

Para achegármonos a esta obra e coñecer a época histórica en que se enmarca imos consultar:

a) Unidade didáctica elaborada no IES Pazó da Mercé polo alumnado de 1º de Bacharelato e a súa profesora, Loli Cid. Parabéns a todos eles pola fantástica análise da obra.

b) A música de José Afonso, Grândola Vila Morena.


Boa lectura!




15/01/12

AS LINGUAS ROMÁNICAS E AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA (1º ESO)

Para abordarmos estes temas imos visualizar:

a) As linguas de Europa do Proxecto Loia.


c) Uns minutos da Historia da Lingua Galega, documental producido pola CRTVG.



A continuación escoitaremos as canción "Ai se eu te pego" de Michel Teló e Paraules d'amor de Joan Manuel Serrat e intentaremos traducilas ao galego para buscar as semellanzas e diferenzas. Ademais, o compañeiro do Brasil hanos axudar!

10/01/12

ISAAC DÍAZ PARDO

Nesta clase imos achegarnos á figura do artista plástico Isaac Díaz Pardo visualizando:

a) O trailer do documental ISAAC dirixido por Xosé Abad, que nos vai permitir coñecer as vivencias e a obra deste creador.

b) O documental Historias de Vida (culturagalega).

c) O documental Isaac Díaz Pardo da CRTVG.



Logo da visualización contesta (reflexionando) as seguintes preguntas:

-Cal era a profesión de Isaac Díaz Pardo?
-Onde naceu e onde morreu? En que datas?
-Reflexiona por que o teu centro se coñece co nome deste intelectual.
-Con que autores que coñeces se relacionou Díaz Pardo?
-Que supuxo a Guerra Civil para este artista?
-En que lugares viviu?

De seguro que agora sabes algo máis de Isaac Díaz Pardo!