O día 29 de maio achegámonos ata Celanova e Vilanova dos Infantes para facer o roteiro literario de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Logo da sesión literaria, moi ben organizada por Paula, a guía da Fundación Curros, e por Diana, a encargada de ensinarnos o mosteiro, dirixímonos cara ás termas de Outariz (en Ourense) para relaxarnos un pouco.
Velaquí queda o testemuño gráfico da xornada!
Agora recoméndovos coller os flocos de millo e ver o galardoado documental sobre Celso Emilio Ferreiro 100% CEF dirixido por Aser Álvarez e protagonizado por Luís Tosar. Vaivos gustar!