26/04/14

VAI DE VIÑOS!

Desta volta, ímoslle dedicar (*adicar) esta entrada da bitácora ao alumnado de 2º de ESO A, por amosaren tanto interese por estes estupendos spots para publicitar varios viños galegos. Velaquí quedan porque esta semana traballaremos con eles.

Spot do viño Gran Alanís coa música "A saia da Carolina":


Spot viño Miudiño coa música "O sacristán de Coímbra":


Spot do viño Rectoral de Amandi coa música "Vén bailar Carmiña":


Quen queira ampliar información sobre estes vídeos publicitarios, pode ler o seguinte artigo, publicado no xornal Galicia Confidencial baixo o título: "O viño, a moda e a música únense na campaña 'Clásicos Galegos'".

Un brinde por estes anuncios e, claro, tamén polos nosos caldos!


21/04/14

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ: "Viendo llover en Galicia" (2º ESO)

Velaquí vos deixo un artigo do escritor colombiano Gabriel García Márquez, Gabo!, que faleceu recentemente e do cal é posible que non coñezades aínda a súa obra literaria. Foi publicado no xornal El País e malia non estar escrito en lingua galega fala da nosa cultura e, de seguro, que vos gustará.

Agora, quen se atreve a investigar a relación deste escritor con Galicia? :-)