26/10/14

AS CANCIÓNS DO XABARÍN CLUB!!!!! (2º de ESO)

Lémbrades que falamos na clase do Xabarín club (Xabaril club)? Pois velaquí tedes dous enlaces dende os cales podedes descargar algunhas das cancións, en mp3, e vídeos deste exitoso programa.


Con algunhas delas traballaremos na clase... Por fuciños, por cacheiras!

21/10/14

UNHA HISTORIA DE CONTRABANDISTAS E CONTRABANDO

Durante décadas os habitantes das aldeas arraianas galegas e portuguesas, do mesmo xeito que outros territorios fronteirizos, atoparon no contrabando unha forma de vida que lles garantía uns ingresos económicos que non poderían conseguir desempeñando outro oficio ou dedicándose á agricultura ou á gandería a pequena escala.

Neste breve documental titulado As historias do contrabando na "Raia" testemuñas portuguesas e galegas da provincia ourensá cóntanos o seu testemuño sobre a actividade contrabandista que realizaban, centrada fundamentalmente no café e no tabaco. 


Na actualidade no Concello de Vilardevós (na Cidadella), que linda con terras portuguesas, pódese facer un roteiro seguindo os pasos que estes contrabandistas deron durante anos. Este é un dos diversos roteiros do antigo contrabando que podemos percorrer en Galicia e nas súas fronteiras e, velaquí, tedes un vídeo publicado por António da Sousa e Silva.



Agora tócavos a vós!

a) Lembrades cal é o título da obra literaria do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín que ten un título relacionado con este tema?

b) Buscade información sobre o Couto Mixto e facede unha "suposta" entrada para a Galipedia sobre este tema.

13/10/14

A COMUNICACIÓN ANIMAL (1º Bacharelato)


Nesta ocasión imos analizar a comunicación dalgúns animais a través dos seguintes vídeos e buscar as semellanzas e diverxencias que esta ten coa comunicación lingüística. Visualizamos:

a) A danza das abellas



b) A comunicación dos golfiños


https://www.youtube.com/watch?v=hgSurtVWaoU


c) A comunicación dos monos

https://www.youtube.com/watch?v=74S5_zlfW5s



Logo de ver e analizar estes tipos de comunicación animal, imos reflexionar sobre as 100 formas que os galegos temos para referirnos á chuvia, a través da lectura deste artigo publicado no Portal da Ciencia en Galego .