20/03/13

MARCHANDO... UNHA DE TOPONIMIA DE MARÍN!

Todos e todas sabemos que os nomes de lugar chámanse topónimos e que a toponimia é ben sabia á hora de adxudicar un nome: Lamela (lugar onde abonda ou abondou a lama), Mesón do vento (sobran as palabras, ao pasar por alí recíbenos o zoar do vento), Meixonfrío (lugar frío onde os haxa), etc.

Estas curiosidades dos nosos nomes de lugar foi o que levou aos alumnos do CEIP O Sequelo, de Marín, a gravar un vídeo ben xeitoso sobre a motivación destes nomes no seu concello titulado Toponimia de Marín.

Parabéns aos rapaces, profes e pais que colaboraron nel e que nos contan con tanta graza a historia dos seus lugares máis próximos e nos demostran que a toponimia é cousa de todos!
Ver imagen en tamaño completo

Ningún comentario:

Publicar un comentario