Para que coñezades un pouco mellor a literatura medieval, podedes consultar os seguintes recursos:
a) As completísimas presentacións da literatura galega, cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e maldicir e xéneros menores e lírica relixiosa e prosa medieval publicadas na bitácora Literatura galega por Marlou,
b) Presentación da Literatura galega na Idade Media feita por Ramón Cruces Colado (para 3º de ESO).
c) Entrada dedicada á Literatura medieval no blogue de Román Landín (3º de ESO e 1º de Bacharelato).
d) Imaxes dos manuscritos das cantigas profanas ofrecidas polo Instituto Cervantes (3º de ESO e 1º de Bacharelato).
e) Cantigas medievais galego-portuguesas compiladas no Proxecto Littera que recollen textos, música, miniaturas, manuscritos e autores (3º de ESO e 1º de Bacharelato).
f) Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (GLOSSA) da man do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña.
f) Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (GLOSSA) da man do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña.
g) O documental Cantigas de Santa María, por que en galego? que nos permitirá coñecer a importancia da lingua galega durante o medievo.
h) Webquest das cantigas de amigo (Raquel Rodríguez) para 1º de Bacharelato.
Desfrutemos da Idade Media!
Que lindo!!!
ResponderEliminar