Incorporámonos a setembro coas pilas ben cargadas e coa socilingüística como tema de análise. Desta volta convídovos a reflexionar sobre a compatibilidade ou incompatibilidade das linguas, moi de actualidade estes días logo da circulación dunha conversa por Whatsapp entre dúas persoas, que deixaron de compartiren coche por utilizar linguas diferentes: o galego e o castelán. Vós credes que non se enterían para ter unha conversa durante os 50 minutos que duraba o traxecto?
O tema desta conversa deu lugar a diferentes reflexións e críticas e comentarios sobre o tema. Velaquí algúns deles:
a) Unha viñeta de Luís Davila.
b) O artigo de opinión da escritora Inma López Silva publicado en La Voz de Galicia (30/8/2015) e titulado "¿Dámoslle a volta ao conto?".
c) O artigo de opinión do xornalista Xosé Manuel Pereiro publicado en La Opinión (29/8/2015) que leva por título "A chica da curva do Blablacar".
c) O artigo de opinión do xornalista Xosé Manuel Pereiro publicado en La Opinión (29/8/2015) que leva por título "A chica da curva do Blablacar".
Agora tócavos a vós reflexionar sobre este tema e valorar se é posible a convivencia entre varias linguas e tamén lembrar que é a comunicación.
Bo comezo a todos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario