IMOS Á AURIA (A.) DE EDUARDO BLANCO AMOR (4º ESO)
Nesta ocasión achegámonos á obra do ourensán Eduardo Blanco Amor (1897-1979), cuxa produción encadramos na narrativa de postguerra. Para facelo déixovos aquí algunhas referencias que vos poden ser útiles e lembrade que esta bitácora ten unha entrada dedicada exclusivamente á novela A Esmorga.
1. Resulta de interese a biografía, aínda que breve, que a CRTVG elaborou de Eduardo Blanco Amor, na cal podedes escoitar a voz do autor.
2. Unha síntese da obra do autor pode consultarse nas diapositivas elaboradas por Carla Lago.
3. O arquivo sonoro do Consello da Cultura Galega achéganos unha gravación sobre a vida do autor en América con imaxes e a propia voz de Eduardo Blanco Amor.
4. A intertextualidade entre a obra de Eduardo Blanco Amor e a de Federico García Lorca da man de Montserrat Doucet no artigo "La intertextualidad Blanco Amor-Lorca en A Esmorga y La Parranda".
Collede os flocos de millo e aproveitade para coñecer a interesante obra deste escritor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario