Aproveitando que hoxe se celebra o Día mundial de concienciación sobre o autismo damos a coñecer unha interesantísima bitácora titulada Alto, alto como una montaña, da autoría de Esther Medraño e Olga Lalín, terapeuta e nai dun neno con autismo. Aquí podemos atopar material pedagóxico, experiencias persoais, bibliografía de interese sobre este tema, iniciativas de intervención educativa, proxectos audiovisuais e fotográficos, entre outra información, todos eles centrados na visibilidade do autismo.
Parabéns por este traballo e moitas grazas por achegarnos dun xeito tan claro e emotivo ao autismo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario