31/12/16

AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS DE INMA LÓPEZ SILVA (1º de Bacharelato)

Despedimos o ano cunha lectura que vai ocupar o noso segundo trimestre e que, de seguro, non vos deixará indiferentes polos temas que trata e polo perfil das personaxes que aparecen nela. Trátase da última novela de Inma López Silva titulada Aqueles días en que eramos malas (2016).

Como apoio para a elaboración das vosas videocríticas, podedes botar man dos seguintes recursos (pero nunca plaxialos ;-)):

a) A breve crítica sobre a novela elaborada por Ramón Nicolás no seu Caderno da crítica.

b) A tamén breve crítica na bitácora Lecturafilia.

c) A entrevista que Xesús Fraga lle fixo á autora no xornal A voz de Galicia (19/8/2016) con motivo da publicación da novela.



f) O booktrailer da novela, elaborado por Carla Cabaleiro.


Feliz 2017 e boa videocrítica!

Tedes ao voso dispor o vídeo da xornada coa escritora no noso centro.

2 comentarios:

  1. A ti gustouche non? Raquel.

    ResponderEliminar
  2. Si, recoméndocha. O que máis me gustou foi como aparecen perfiladas as personaxes de Valentina, Laura, Margot e Sor Mercedes. Desfruta da lectura!

    ResponderEliminar