Esta semana afondamos nos acontecementos que tiveron lugar a comezos do século XX tanto en Europa coma en Galicia. Aproveitando a nosa proximidade con Mondariz, é interesante que coñezades a figura de Henrique Peinador Lines, promotor do Balneario, galeguista e mecenas dalgún dos nosos autores máis sobranceiros.
Co documental titulado Enrique Peinador Lines, empresa e galeguismo, realizado por Pío García e a Fundación Premios da Crítica, podedes achegarvos á vida cultural e empresarial da época.
Logo da visualización poderedes responder as preguntas que seguen:
a) Que relación existe en Peinador e os escritores Ramón Cabanillas, Rafael Dieste, Castelao e Antón Vilar Ponte?
b) Cal é o vínculo entre a Real Academia Galega e o Balneario de Mondariz?
Qué marabilla volverte ver por aquí, Raquel!!������
ResponderEliminar