Este curso escolar 2019-2020 a campaña 21 Días co galego e máis, ideada pola profesora Pilar Ponte e actualmente levada a cabo en varios centros galegos, ofrécenos unha serie de recursos ben útiles e xeitosos para traballarmos na aula. Nesta ocasión, da man do alumnado e do profesorado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño chéganos o vídeo Como pos a lingua?, que nos pode ser útil á hora de pronunciar algúns dos sons da lingua galega que presentan maior dificultade.
Visualizade o vídeo e facédelle caso a estes rapaces e estas rapazas que explican con claridade onde debedes poñer a lingua para pronunciar correctamente.
Raquel, moitas grazas pola difusión. Saúdos.
ResponderEliminarAcabo de ver o comentario agora. Os bos proxectos cómpre difundilos para que se coñezan. Apertas!
ResponderEliminar