Achegámonos á Nova Narrativa Galega da man da obra de autores como Xosé Luís Méndez Ferrín (1938 Ourense) e Carlos Casares Mouriño (1941 Ourense-2002 Vigo). Botamos man dos seguintes materiais:
a) Resumo e características sobre a Nova Narrativa Galega na páxina de Ogalego.eu da autoría de Anxo González e Vitoria Ogando.
b) Un breve vídeo (5:35min) sobre a Nova Narrativa Galega realizado por dúas alumnas de 4º de ESO.
c) Esquema sobre a obra de Méndez Ferrín e Carlos Casares realizado por Manuel Antón Mosteirón García. A esta nova corrente renovadora tamén se adscribe Xosé Fernández Ferreiro, autor dunha das lecturas de carácter voluntario do trimestre: Agosto do 36.
Aqueles e aquelas que teñades máis curiosidade sobre o tema, podedes consultar a obra de Camino Noia titulada A Nova Narrativa Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario