SOBRE UXÍO NOVONEYRA...
Este ano o Día das Letras Galegas (lembrade o 17 de maio, o día en que Rosalía de Castro publicou Cantares Gallegos) está dedicado ao poeta Uxío Novoneyra (1930 O Courel-1999). Para todos e todas aqueles que no o saibades a súa obra foi traducida a diversas linguas, entre elas o xaponés, o gaélico, o francés, o inglés, o castelán etc. Velaquí algunhas ligazóns que vos poden axudar a coñecelo un pouco mellor:
a) Uxío Novoneyra: http://www.uxionovoneyra.com/. Nesta páxina pódese escoitar a voz do escritor recitando poemas.
b) Páxina da Real Academia Galega:http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigure.do
Achegamos unha caricatura de Novoneyra:
Ningún comentario:
Publicar un comentario