23/03/11

PALABRAS COMPOSTAS... E PLURAL

Ás veces, cando estamos diante dunha palabra composta, dubidamos sobre a formación do seu plural. Pois, coa finalidade de que todos saibamos facer ben o plural destas voces, velaquí vai unha nota:
Primeiramente, temos que facer unha distinción entre:
a) os compostos que se grafan xuntos -vacaloura, cartafol, galegofalante- ou separados cun guión -xurídico-administrativo-, os cales forman o plural só no segundo dos seus constituíntes seguindo as regras xerais de formación do plural: vacalouras, cartafoles, galegofalantes, xurídico-administrativos.
b) os compostos que se grafan separados -porco bravo, garda civil-, que forman o plural nos dous elementos, cando están constituídos por substantivo + adxectivo: porcos bravos, garda civís; ou no primeiro, cando están compostos dun substantivo + substantivo -pisos piloto, coches cama- ou da combinación substantivo + preposición + substantivo: estrelas de mar, pitas do monte.

Ah! Non esquezades que aerosol e caracol non son palabras compostas, polo tanto o seu plural segue as regras anteriormente citadas: aerosois e caracois.

Ningún comentario:

Publicar un comentario