Velaquí quedan os microrrelatos encadeados do alumnado de 2º de ESO B do CPI O Toural de Vilaboa. Bo verán a todos e todas!
______
Os teus ollos non pestanexan. Vela correr dun lado a outro; férveche o sangue, comeza a tremer o teu corpo... o teu corazón latexa cada vez máis forte, non sabes cando vai acabar isto. E... GOOOOL!!!
Z. C. M.
________
E... GOOOOL!!!
O árbitro pita fóra de xogo. Non o podían crer. Todos foron protestarlle. A grada estaba enfurecida. De repente, o árbitro caeu ao terreo de xogo por un infarto.
M. C. R.
________
De repente o árbitro caeu ao terreo de xogo por un infarto. O árbitro empeza a perder as pulsacións, momento en que entraron os enfermeiros a ver o que sucedía. Cando o estaban subindo á ambulacia escóitase un BOOM, BOOM, BOOM. O vehículo estoupa!
M. C. C.
_________
O vehículo estoupa! O árbitro aínda non entrara na ambulancia, pero o condutor que saía da ambulancia en chamas empezou a dar voltas para o terreo de xogo ata que as chamas se apagaron. Tiveron que chamar a outra ambulancia para que o fora buscar o árbitro e o condutor, cheos de queimaduras graves. Cando chegaron ao hospital o médico dixo que chegaran xusto a tempo porque con algo máis de demora o árbitro perdería a vida.
C. de la C. V.
_________
Cando chegaron ao hospital o médico dixo que chegaran xusto a tempo porque con algo máis de demora o árbitro perdería a vida. Necesitaba unha operación moi perigosa e o seu prezo superaba os 1.500 euros. A familia non tiña os cartos, así que lle pediu á xente da vila que colaborase dando un euro para salvarlle a vida ao árbitro.
A. D. R.
________
A familia non tiña os cartos, así que lle pediu a xente da vila que colaborase dando un euro para salvarlle a vida ao árbitro. Co diñeiro que lle deron os veciños e o pouco diñeiro que tiña a familia, puido facerse a operación para salvarlle a vida ao árbitro.
M. El H.
________
Puido facerse a operación para salvarlle a vida ao árbitro, que era un home ben querido na súa zona de residencia. A operación foi todo un éxito, motivo polo que o médico o deixou ir para a casa ao cabo de 53 días baixo a observación dos enfermeiros e enfermeiras.
K. F. A.
_________
O médico deixouno ir para a casa ao cabo de 53 días baixo a observación dos enfermeiros e enfermeiras. Cando ía no coche e case chegara á vivenda, díxolle ao condutor que parara, pero... ninguén estaba ao volante.
A. F. G.
_________
Ninguén estaba ao volante. El asustouse moito. De repente o coche parouse diante da súa casa; el baixouse rapidamente e o coche marchou. Cando ía coller as chaves deuse conta de que as deixara no coche.
T. F. L.
_________
Cando ía coller as chaves deuse de conta de que as deixara no coche. Agora xa non sabía que facer, olvidáranselle as chaves e non podía entrar na casa. Ocorréuselle unha idea, podía ir mirar se tiña algunha ventá aberta e así rubir por ela. Achegouse á ventá e... si, estaba aberta.
A. G. P.
________
Achegouse á ventá e... si, estaba aberta... pero un momento el antes de saír xurou que, coma sempre, revisara que todas as ventás estiveran pechadas e, de repente, oíuse un ruído que viña do interior do domicilio. Asexou coa cabeza pola ventá...
A. G. M.
________
Asexou coa cabeza pola ventá... E... sen poder mirar ben dentro da casa escoitou outro ruído, pero este viña de fóra; era o seu veciño intentando roubarlle o coche. Cando se dispoñía a perseguilo tropezou co amalló dos zapatos e caeu ao chan.
A. I. J.
________
Cando se dispoñía a perseguilo troupezou co amalló dos zapatos e caeu ao chan. O veciño colleu o coche e intentou escapar, pero el tiña unha escopeta e disparou contra as rodas. Perdeu o control do coche e bateu contra un pau da luz. Morreu do forte impacto!
I. M. C.
________
Morreu do forte impacto! Achegouse ao coche. Estaba asustado e colleu o corpo cheo de sangue e de cristais. Meteuno na casa e marchou dar unha volta para pensar que facer co corpo. Cando volveu á casa as portas estaban rotas e o corpo non estaba...
P. P. G.
_________
Cando volveu á casa as portas estaban rotas e o corpo non estaba... Entrou na casa e todo permanecía no seu lugar, non faltaba nada. Nin sequera había sangue, só un forte fedor a lixivia e un pequeno sobre lacrado. Abriuno e... cunhas fermosas letras verde esmeralda rezaba...
N. R. J.
_________
Abriuno e... cunhas fermosas letras verde esmeralda rezaba... Xusto cando ía ler o que dicía, escoitou o son da porta e tívoo que agochar detrás súa para que ninguén o vise. Era Laura, que viña para invitalo a unha festa que ía celebrar na súa casa o vindeiro fin de semana, pero, nese intre, decatouse de que non estaba durmindo. Senón, como podía ser que había poucos minutos atopara rota a porta e agora escoitaba o son do picaporte?
C. R. S.
_________
Como podía ser que había poucos minutos atopara rota a porta e agora escoitaba o son do picaporte?
De súpeto, espertou. Decatouse de que estaba sangrando; tiña unha ferida na cabeza. Alguén lle dera cunha barra de metal que se atopaba ao seu carón. Estivo buscando algo co que poder curarse, pero non atopou nada por ningures. Cando xa estaba esgotado sentouse no chan e púxose a cavilar o porqué daquel soño con Laura. E... de súpeto.... lembrouse!
Laura convidárao á súa festa... pero... a semana pasada! Correi tanto como lle deron as pernas ata que...
L. S. C.
_________
Correu tanto como me deron as pernas ata que... De súpeto, atopouse con Laura, non sabía por que estaba alí e é posible que a súa cara o delatase. Ela comezou a comer ata chegar ao seu carón, sacou un coitelo e intentou cravarllo. Por sorte esquivouno e botou a correr, pero sangraba demasiado e acabou esvaéndose. Xa nunca máis acordou. Entrou en coma e aínda que ninguén sabía que escoitaba el era consciente de todo. Laura sempre estaba ao seu carón...
C. S. G.
__________
Laura sempre estaba ao meu carón. Era como unha sombra, seguíao a todas partes... Ou era ilusión del? Parecíalle un soño. Isto non podía ser real... Tantas mortes na súa cabeza. Ring, ring, ring.... soaba o espertador. Era todo un soño, tiña que arbitrar o partido Sevilla-Betis.
I. V. P.
__________
Ningún comentario:
Publicar un comentario