Para sabermos algo máis da obra da autora desta semana, podemos achegarnos ás seguintes páxinas:
1 Dende a Biblioteca Miguel de Cervantes podemos consultar e descargar a obra Cantares gallegos (1863) e ver imaxes de Rosalía e da súa familia. Amais, velaquí tedes acceso ás breves notas das que falamos na aula.
2 Tamén observaremos un manuscrito inédito da autora (recollido nos materiais de Rosa Salgueiro).
3 Quen teña curiosidade pode ver este vídeo sobre a Casa da Matanza.
4 O material sobre Rosalía de Castro elaborado por Sofía Rama.
5 Para consultarmos a obra Follas Novas (1880) iremos á páxina da Biblioteca virtual galega.
6 Finalmente, ofrecemos o poema "Dinche o corazón na man" publicado por primeira vez no ano 2013 polo profesor Ramón Torrado na revista Casa da gramática nº 38 do IES Virxe do mar de Noia; un ano despois publicouno a RAG como un novo achado ao descoñecer a publicación do instituto noiés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario