UNHA RECOMENDACIÓN... Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
No ano 1919 Vicente Risco publicaba a obra Do caso que ll'aconteceu ô Dr. Alveiros, na cal está presente o esoterismo e o mundo de ultratumba. Hoxe, grazas ao traballo levado a cabo dende a Fundación Vicente Risco e producido por Visual-q co apoio da CRTVG, podemos dispoñer dun interesante filme baseado nesta obra que nos vai permitir achegarnos e coñecer un pouco máis o pensamento dos homes da Xeración Nós.
Por un prezo simbólico pódese mercar o DVD xunto cunha reprodución facsimilar da primeira edición do texto e, como complemento para as clases, podemos botar man dunha completa unidade didáctica e dunha adaptación da obra de Risco, da autoría de Eugenia Muñoz, todo descargable dende a sección "Alveiros" da páxina web da dita Fundación.
Trailer do filme
CRÉDITOS:
Adaptación do guión da obra literaria: Luís Martínez-Risco Daviña e Antonio Blanco Rodríguez
Asesoramento de guión: Eugenia Muñoz
Produción: Luís Martínez-Risco Daviña e Luís Baños Campo
Axudantes de produción: Antonio Blanco Rodríguez e Alfonso Vázquez-Monjardín Blanco
Dirección de casting: José Luis Quintana Bouzas
Música orixinal: José Luis Fernández "Carnicero"
Posprodución: Celso Gómez Saa
Maquillaxe e peiteado: Marisol Formigo Pérez
Vestiario: Centro Dramático Galego
Escenografía carpintería: Antonio Conde Álvarez
Doutor Alveiros: Xabier Álvarez Cid
R. Dehmel: Xoán Lois Fernández
Dirección: Luís Baños Campo

Parabéns por este proxecto e moitos folgos para que nos sigades agasallando con máis filmes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario