O alumnado de ESO do CPI Poeta Uxío Novoneyra elaborou baixo a coordinación da profesora de Lingua galega e literatura, Rosa Alonso Lozano, un estudo toponímico titulado Unha terra sementada de palabras. Investigación escolar sobre a toponimia courelá.
Esta obra toponímica está baseada nun traballo de campo realizado por un grupo de alumnos e alumnas, que logo de entrevistar a informantes de dez aldeas (Esperante, Ferreirós, Folgoso, Noceda, Paderne, Romeor, Seceda, Seoane, Sobredo e Valdomir) recolleron aproximadamente uns 600 topónimos. Na obra ofrecen un estudo léxico, organizado por aldea, dende o plano semántico, morfolóxico e etimolóxico e recollen unha análise xeral destes tres ámbitos, de moito interese e que dá conta da riqueza léxica que teñen nas terras de Folgoso do Courel.
Parabéns ao alumnado e a Rosa Alonso por este estudo e desexamos que haxa moitos máis coma este!
Ningún comentario:
Publicar un comentario