Deséxovos moitas e boas lecturas...
06/11/11
LITERATURA ROMANA (1ª PARTE) (2º Bacharelato)
-Audiovisual sobre a Literatura latina (Youtube) e
-Audiovisual sobre a Eneida (Youtube)
Para intoducírmonos no tema da Poesía épica, didáctica e filosófica latina empregaremos os seguintes materiais:
-Audiovisual sobre a Literatura latina (Youtube) e
-Audiovisual sobre a Eneida (Youtube)
03/11/11
FALEMOS DE... ROSALÍA DE CASTRO
3 Quen teña curiosidade pode ver este vídeo sobre a Casa da Matanza.
4 O material sobre Rosalía de Castro elaborado por Sofía Rama.
5 Para consultarmos a obra Follas Novas (1880) iremos á páxina da Biblioteca virtual galega.
6 Finalmente, ofrecemos o poema "Dinche o corazón na man" publicado por primeira vez no ano 2013 polo profesor Ramón Torrado na revista Casa da gramática nº 38 do IES Virxe do mar de Noia; un ano despois publicouno a RAG como un novo achado ao descoñecer a publicación do instituto noiés.
Para sabermos algo máis da obra da autora desta semana, podemos achegarnos ás seguintes páxinas:
1 Dende a Biblioteca Miguel de Cervantes podemos consultar e descargar a obra Cantares gallegos (1863) e ver imaxes de Rosalía e da súa familia. Amais, velaquí tedes acceso ás breves notas das que falamos na aula.
2 Tamén observaremos un manuscrito inédito da autora (recollido nos materiais de Rosa Salgueiro).
3 Quen teña curiosidade pode ver este vídeo sobre a Casa da Matanza.
4 O material sobre Rosalía de Castro elaborado por Sofía Rama.
5 Para consultarmos a obra Follas Novas (1880) iremos á páxina da Biblioteca virtual galega.
6 Finalmente, ofrecemos o poema "Dinche o corazón na man" publicado por primeira vez no ano 2013 polo profesor Ramón Torrado na revista Casa da gramática nº 38 do IES Virxe do mar de Noia; un ano despois publicouno a RAG como un novo achado ao descoñecer a publicación do instituto noiés.
17/05/11
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E A TODAS!
Como xa sabedes todos vós hoxe dedícaselle o Día das Letras Galegas ao autor Lois Pereiro.
Velaquí vos queda un poema del:
2 na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3 pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4 na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5 esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6 da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7 na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8 na idea procreada
(dun par de botas negras)
9 que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10 sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11 cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12 que van durmir o soño que non sinto.
Como xa sabedes todos vós hoxe dedícaselle o Día das Letras Galegas ao autor Lois Pereiro.
Velaquí vos queda un poema del:
En doce versos falsos
1 A miúdo botas negras e o seu xesto
(abandonadas do corpo que as esixe)2 na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3 pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4 na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5 esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6 da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7 na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8 na idea procreada
(dun par de botas negras)
9 que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10 sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11 cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12 que van durmir o soño que non sinto.
Poemas 1981/1991
07/05/11
WEBQUEST SOBRE A S CANTIGAS MEDIEVAIS (1º Bacharelato)
Velaquí queda unha ligazón dunha WebQuest para traballar a Idade Media e as cantigas medievais de amigo.
A priori pode resultar un pouco densa, pero aqueles que teñades un bo grupo de 1º de Bacharelato podedes obter resultados moi xeitosos.
25/04/11
23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Logo das vacacións comezamos a última etapa do curso e ímolo facer investigando sobre o Día do Libro, que se celebrou o pasado 23 de abril. Quen de vós será capaz de resolver estas preguntas?
a) Por que motivo se celebra o Día Internacional do Libro o 23 de abril?
b) Que valor ten o día de Sant Jordi en Cataluña?
c) Que relación hai entre os libros e as rosas?
d) Procura na rede unha foto desta celebración e reflexiona sobre o número de asistentes.

11/04/11
A OBRA POÉTICA (COMPLETA!) DE LUZ POZO (4º ESO)
No voso libro de texto, dado a data en que se publicou, faltan algúns dos libros poéticos da autora Luz Pozo, así que velaquí tedes toda o obra poética dela:
- O paxaro na boca, 1952.
- Últimas palabras / Verbas derradeiras, 1975.
- Concerto de outono, 1981.
- Códice calixtino, 1986.
- Prometo a flor de loto, 1992. Premio Miguel González Garcés.
- Vida secreta de Rosalía, 1996.
- Ribadeo, Ribadeo, 2002.
- Medea en Corinto, 2003.
- Historias fidelísimas: poesía selecta 1952-2003, 2003.
- Memoria solar (obra poética íntegra), 2004.
- As arpas de Iwerddon, 2005.
- Deter o día cunha flor, 2009. Premio da Crítica de poesía galega.
Esperemos que en breve a autora nos agasalle con outro poemario!
04/04/11
A POESÍA DE POSGUERRA (4º ESO)
Podedes achegarvos a este período botando man de:
Para tratar este tema comezaremos falando da importancia que tivo a Editorial Galaxia na recuperación cultural galega (en Galicia). Visualizaremos o capítulo do Ben Falado da CRTVG que se centra nesta fundación e editorial.
Podedes achegarvos a este período botando man de:
a) A presentación sobre Celso Emilio Ferreiro (Xeración do 36) elaborada por Román Landín.
b) Un breve poscast sobre a Poesía galega de Posguerra (Xeración do 36, Xeración das Festas Minervais e Xeración dos 50) elaborado por alumnado de 4º de ESO do Instituto Faro das Lúas.
c) O vídeo explicativo da Poesía galega de Posguerra ofrecido por LinguaGalegaTV 8(15:32min).
d) A presentación Tres xeracións de poesía galega da autoría de Gracia Santorum.

Velaquí uns versos de Celso Emilio Ferreiro: A miña mau che dou, / coma un irmau che falo. Sabedes a que obra pertencen?
A RAG... E CURROS? (3ºESO/1º Bacharelato)
Como xa sabedes, na creación da Real Academia Galega no ano 1906 tiveron moito que ver os escritores e persoeiros da cultura galega que nese momento estaban no continente americano (pensade sobre todo na importancia que ten para a cultura galega Arxentina e Cuba). Pois precisamente do traballo destes galegos imos falar esta semana e, como presentación, é interesante que consultemos a páxina da RAG.
Agora serás capaz de establer unha relación entre o escritor de Celanova e a dita institución?
02/04/11
FALEMOS DOS ANIMAIS (3º ESO)
Esta semana centrarémonos no léxico relativo aos animais domésticos e, como non podía ser doutro xeito, imos falar dun animal tan coñecido para todos como é o porco, cocho, rancho... Para iso, achegarémonos á pantalla e veremos o programa (26/02/2009) Cazador de palabras da CRTVG: http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=02/04/2011 22:03:11&fecha=26/02/2009&arquivo=1&programa=CAZADOR DE PALABRAS&id_programa=600.
Velaquí unha cantiga popular sobre o porco: Adiós martes d'entroido, /adiós meu pequeniño; / miña nai non matou porco, / non comemos o touciño.
31/03/11
O GALEGO EN LEÓN, ZAMORA E ASTURIAS (4º ESO)
Hoxe falaremos da presenza da lingua galega nas comunidades leonesa, zamorana, asturiana e estremeña; para iso, ímonos servir de dous capítulos do programa Ben falado! da CRTVG (22/12/2010): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-393-de-ben-falado-a-fala-de-san-ciprian-de-hermisende, http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-357-de-ben-falado-o-galego-de-leon-e-zamora (2/11/2010) e tamén do vídeo sobre La fala emitido por Canalextremadura.
E agora... aquí tedes os aventureiros que percorreron Galicia nos anos 70 e grazas ao seu traballo hoxe podemos coñecer moito sobre o galego. No programa Ben falado!
Que vos parece!
23/03/11
PALABRAS COMPOSTAS... E PLURAL
Ás veces, cando estamos diante dunha palabra composta, dubidamos sobre a formación do seu plural. Pois, coa finalidade de que todos saibamos facer ben o plural destas voces, velaquí vai unha nota:
Primeiramente, temos que facer unha distinción entre:
a) os compostos que se grafan xuntos -vacaloura, cartafol, galegofalante- ou separados cun guión -xurídico-administrativo-, os cales forman o plural só no segundo dos seus constituíntes seguindo as regras xerais de formación do plural: vacalouras, cartafoles, galegofalantes, xurídico-administrativos.
b) os compostos que se grafan separados -porco bravo, garda civil-, que forman o plural nos dous elementos, cando están constituídos por substantivo + adxectivo: porcos bravos, garda civís; ou no primeiro, cando están compostos dun substantivo + substantivo -pisos piloto, coches cama- ou da combinación substantivo + preposición + substantivo: estrelas de mar, pitas do monte.

Ah! Non esquezades que aerosol e caracol non son palabras compostas, polo tanto o seu plural segue as regras anteriormente citadas: aerosois e caracois.
03/02/11
UN AGASALLO PARA OS OÍDOS... MÚSICA E LITERATURA CÓLLENSE DA MAN (4ºESO)
Como vedes, a música e a literatura van collidas da man ;-)
Logo de facermos un percorrido polas Vangardas europeas, toca centrarnos na galega e neste caso imos descubrir a conexión que hai entre a Sexta Sinfonía de Beethoven "A Pastoral" e o poema do (hilozoísta) Amado Carballo titulado S-6, publicado na súa obra O galo (1928).
S - 6
A sua queixa no brañal
debulla con voz de prata
a fonte, nunha sonata
no clavecin de cristal,
e arrente d'unha silveira
monea no violón
con triste e pesado son
unha abella aventureira.
Aló n' un souto remoto
un grilo ben afinado
trema un fadiño miñoto
«muito ben repinicado»,
e o concertista pin pin
rebuldante poI-os matos
acompáñao en pizzicatos
no seu besgo violín.
O xílgaro mais alá
con voz de tipre barata
acomete unha fermata
de ópera italiâ,
e o cuco no piñeiral
con gran degaranza proba
na frauta do trinque nova
tod'a escala natural.
Entran «a tempo» facendo
os piñeiros violinistas
en compaña dos soistas
un sentimental crescendo,
e como na Pastoral
ten un canto realista
d'emoción oitocentista
o rego antr'o salgueiral.
S - 6
A sua queixa no brañal
debulla con voz de prata
a fonte, nunha sonata
no clavecin de cristal,
e arrente d'unha silveira
monea no violón
con triste e pesado son
unha abella aventureira.
Aló n' un souto remoto
un grilo ben afinado
trema un fadiño miñoto
«muito ben repinicado»,
e o concertista pin pin
rebuldante poI-os matos
acompáñao en pizzicatos
no seu besgo violín.
O xílgaro mais alá
con voz de tipre barata
acomete unha fermata
de ópera italiâ,
e o cuco no piñeiral
con gran degaranza proba
na frauta do trinque nova
tod'a escala natural.
Entran «a tempo» facendo
os piñeiros violinistas
en compaña dos soistas
un sentimental crescendo,
e como na Pastoral
ten un canto realista
d'emoción oitocentista
o rego antr'o salgueiral.
O autor con este poema escribiu as impresións que lle causaba escoitar esta peza beethoveniana composta entre 1804 e 1808. É posible que a escollese por dous motivos fundamentais:
a) A temática: a composición está baseada en escenas do campo e lembrade! que o tema principal do Hilozoísmo é a natureza.
b) O rupturismo: a composición rompeu os moldes clásicos ao ter cinco movementos e non catro, como era o habitual. Son: 1 "Chegada ao campo"; 2 "Escena no regato"; 3 "Reunión de campesiños"; 4 "Tormenta" e 5 "A Calma despois da tormenta".
Amado Carballo soubo representar no seu poema algúns dos cinco movementos, pero sabedes cales? Como vedes, a música e a literatura van collidas da man ;-)
31/01/11
VARIEDADES DIALECTAIS E VANGARDAS : unha boa unión... (4º ESO)
Nesta ocasión toca afondar nas variedades dialectais da lingua galega e, para iso, imos botarlle un ollo á obra A nosa fala, da autoría de Francisco Fernández Rei e Carme Hermida, analizaremos este mapa da distribución dialectal da lingua galega e visualizaremos as diapositivas Variedades xeográficas do galego elaboradas por Celia Díaz, do IES As Lagoas.
Para o estudo da Literatura de Vangarda comezaremos visualizando os seguintes vídeos:
a) O vídeo Contexto de las vanguardias artísticas del siglo XX (a pesar de estar en castelán recolle moi ben o que foron os movementos vangardistas).
a) O vídeo Contexto de las vanguardias artísticas del siglo XX (a pesar de estar en castelán recolle moi ben o que foron os movementos vangardistas).
c) A relación de poemas da obra De catro a catro (1928) de Manuel Antonio comentados por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel (dipoñibles en ogalego.eu).
Manuel Antonio, Foulas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)